Monday 06 de May de 2024

A Xunta colabora co clúster audiovisual na procura de oportunidades para os contidos galegos a través do Encontro “I+P Ideas para producir”


O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou esta mañá no Centro Ágora da Coruña na inauguración da 17ª edición do encontro I+P, Ideas para producir, organizado polo Clúster Audiovisual Galego co patrocinio da Xunta de Galicia coa finalidade de conseguir novas alianzas para o audiovisual galego na coprodución, venda, financiamento ou distribución de contidos para cinema e televisión.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades referiuse ao momento que está a vivir o audiovisual galego, tanto en recoñecementos artísticos como en datos de produción, e felicitou a organización pola longa traxectoria desta iniciativa. O I+P desenvolve durante toa a xornada de hoxe presentacións rápidas tipo pitching e reunións personalizadas arredor dos 18 novos proxectos seleccionados este ano entre máis de 100 solicitudes recibidas. A través deste evento, teñen a oportunidade de se presentar diante dun auditorio conformado por representantes dunha vintena de televisións, plataformas, produtoras e distribuidoras de toda España.